Así podemos acceder ás notificacións eliminadas

O sistema de notificacións de Android é moi potente, pero se son moitas as que recibimos dificúltase o acceso ás mesmas. Para evitar este e outros contratempos, como o borrado accidental, hoxe queremos achegarvos un pequeno truco que nos permite acceder ás notificacións en modo lista de todas as apps que temos no noso terminal.

O truco é o seguinte. De primeiras temos que premer nun oco do escritorio tal e como facemos cando queremos lanzar algún widget; o widget que imos engadir é “acceso a axustes” tal e como vemos na captura.

rexistro notificacions 01

O seguinte paso é engadilo ao escritorio para logo buscar na listaxe que se nos abre, a opción “rexistro de notificacións”.

rexistro notificacions 02

Neste momento créase un acceso directo no escritorio e cando prememos sobre ela, aparecen as últimas notificacións recibidas.

rexistro notificacions 03

rexistro notificacions 04

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como vos diciamos, non é unha listaxe infinita, pero pode axudarnos a sair dalgunha situación comprometida repasando as notificacións en caso de ser preciso.

Deixa un Comentario