Huawei preinstalará Truecaller nos seus terminais para loitar contra o spam telefónico

Huawei e Truecaller veñen de anunciar un acordo polo cal varios futuros teléfonos do fabricante chinés levarán preinstalada a aplicación de identificación de chamadas, logo da colaboración exitosa de ambas compañías no Honor 8, que desde hai uns días podemos mercar en Europa.

Truecaller é unha aplicación que dispón dunha amplísima (e en crecemento) base de datos que permite identificar as chamadas de spam, protexendo ás usuarias. O seu modo de funcionamento é moi sinxelo: ao recibir unha chamada busca na base ese número e ofrece información sobre o emisor, indicando se se pode tratar dunha chamada de spam telefónico e, por suposto, deixando na man da usuaria atendelo ou non.

Segundo confirmaron ambas empresas, non houbo ningún acordo económico entre ambas, senón puramente estratéxico, xa que Huawei sae beneficiada ao poder implantar un software nos seus dispositivos e Truecaller benefíciase da ampla cota de mercado que ten Huawei.

Sobre o autor

Reply