Amazon lanza un plan de almacenaxe ilimitada na nube por 70 €/ano

Amazon vén de anunciar no noso país o lanzamento dun plan de almacenaxe na nube ilimitada para que as usuarias poidan gardar, sen límites de espazo, as súas fotografías, vídeos, música ou calquera outro tipo de ficheiros.

Este novo plan ten unha cota fixa de 70 euros por ano (5,83 €/mes), aínda que promocionalmente pódese probar durante tres meses sen custes, co obxectivo de que as usuarias poidan comprobar se o servizo se adapta ao que buscan.

En Amazon consideran que as usuarias non poden saber a priori cantos gigas van precisar para gardar os seus datos, pois é algo que vai variando co tempo, e que tampouco deberían estar preocupándose continuamente polo espazo que lles queda libre na nube.

Todas as contas de Amazon actuais levan 5 GB gratis de datos na nube

Todas as contas de Amazon actuais inclúen por defecto 5 GB de almacenaxe de datos de balde na nube. Ademais, aquelas persoas que contan cunha conta premium ten datos ilimitados para fotografías (conservando a resolución orixinal) e 5 GB para o resto de arquivos.

Porén, as novas contas só poderán escoller a opción ilimitada con custe.

Sobre o autor

Reply