Hisense anuncia as súas novidades en smartphones na IFA 2016

Hisense presentou no IFA 2016 unha selección dos smartphones que conforman a súa nova gama, nos que se inclúen o Hisense C30, ultra robusto e resistente á auga segundo o certificado IP68, o Hisense A1, con pantalla Super AMOLED e cámaras traseiras dobres, e o Hisense E76, que incorpora un sensor de pegadas dixitais, deseño exterior metálico e pantalla 2.5D.

Hisense C30

O Hisense C30 incorpora unha pantalla de 5,2 polgadas Full HD (1920 x 1080 píxeles) con protección Gorilla Glass de cuarta xeración e certificación IP68; ademais de ser resistente á auga e ao pó tamén o é ás caídas, soportando as máis habituais.

hisense c30

Leva un procesador Qualcomm Snapdragon 430, de oito núcleos a 1,4 GHz e arquitectura de 64 bits, xunto 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB. As súas cámaras son de 13 e 5 megapíxeles e ten 3000 mAh de batería.

Hisense A1

Pola súa banda, o Hisense A1 é un dispositivo que destaca polas súas cámaras: na traseira alberga un modelo de cámara dual de 13 megapíxeles, mentres que a frontal é de 5 megapíxeles e ten dobre flash LED.

hisense a1

A súa pantalla é un panel AMOLED de 5,5 polgadas con resolución HD e vén equipado con procesador Qualcomm Snapdragon de 8 núcleos con arquitectura de 64 bits, xunto 3 GB de RAM, 32 GB de memoria interna ampliábeis mediante microSD, batería de 3000 mAh e sensor de pegadas dixitais.

Hisense E76

Finalmente o Hisense E76 chama a atención polo seu deseño ergonómico e por ter un sensor de pegadas dixitais. Está fabricado en metal e conta cunha pantalla de 2.5D, con bordes redondeados.

hisense e76

Vén con pantalla de 5,5 polgadas Full HD, procesador Qualcomm Snapdragon 430, de oito núcleos a 1,4 gHz, 3 GB de RAM, 32 GB de memoria interna (+128 GB en microSD) e batería de 3000 mAh con carga rápida.

Dispoñibilidade

Polo de agorao fabricante non confirmou a data na que se porán á venda, mais si que o Hisense C30 e E76 chegarán con Android Marshmallow e o Hisense A1 con Android Lollipop.

Deixa un Comentario