Samsung anuncia o Samsung Gear S3

No Unpacked celebrado esta tarde en Berlín Samsung anunciou, como estaba previsto, a súa gama de smartwatches Samsung Gear S3, uns dispositivos inspirados nos reloxos tradicionais e na xoiería, mais con todas as prestacións que se lle poden pedir a un smartwatch.

samsung gear s3 classic - 1

O novo Gear S3 está dispoñíbel en dous deseños, adaptándose a diferentes perfís de usuario: Frontier e Classic. O primeiro deles está pensado para aquelas persoas que disfrutan das actividades ao aire libre, mentres que o Classic é o resultado dun proceso meticuloso para parecerse a un reloxo tradicional.

samsung gear s3 frontier- 1

Ambos modelos dispoñen de bisel circular e son compatíbeis coas correas de 22 mm, de maneira que as usuarias poden personalizar os reloxos coas correas que máis lle gusten, mercándoas en calquera reloxería. Así mesmo, cumpren os estándares IP68 de resistencia á auga e ao pó e o seu cristal vén protexido por Corning Gorilla Glass SR+, deseñado especificamente par que os wearables teñan unha pantalla máis dura, resistindo as rabuñadas, e á vez nítida.

A pantalla, de 1,3 polgadas e resolución 360 x 360 píxeles, conta con tecnoloxía Super AMOLED de 16 millóns de cores, así como sistema Always On, mentres que o bisel xiratorio, semellante ao que vimos no S2,, permítenos aceptar ou rexeitar unha chamada sen ter que tocar a pantalla.

samsung gear s3 classic - 2

No interior atopámonos un procesador AP Dual Core a 1.0 GHz, 1,5 GB de memoria RAM, todo tipo de sensores (acelerómetro, xiroscopio, barómetro, luz ambiente…), GPS e NFC, compatíbel con Samsung Pay, o sistema de pagos móbiles de Samsung.samsung gear s3 - 2

A batería en ambos modelos é de 380 mAh, con sistema de carga rápido, e o sistema operativo está baseado en Tizen 2.3.2, o que está a empregar o fabricante en practicamente todos os seus wearables.

O Gear S3 Frontier estará dispoñíbel en versión con conectividade Bluetooth e Bluetooth + LTE, mentres que o Gear S3 Classic unicamente chega con Bluetooth.

Sobre o autor

Reply