Huawei Nova / Nova Plus, os novos trebellos de Huawei

Todo facía indicar que Huawei anunciaría no IFA de Berlín o sucesor do Mate S, mais a fabricante chinés sorprendeu lanzando unha nova serie de smartphones, a gama Nova, composta por dous modelos. Son o Huawei Nova e Huawei Nova Plus, que destacan polo seu deseño ultracompacto e curvo, o que facilita o seu agarre.

Non cabe dúbida de que ambos modelos están claramente inspirados nalgún predecesor da marca, nomeadamente o Nexus 6P que fabricaron en colaboración con Google, e incorporan funcionalidades que levan o sensor de pegadas dixitais máis aló das tarefas habituais de desbloqueo, entre elas o scroll ou o disparo fotográfico.

Huawei Nova

O Huawei Nova leva unha pantalla Full HD de 5 polgadas e contraste 1500:1. No seu interior dálle vida un procesador Qualcomm Snapdragon 650, de oito núcleos a 2 GHz, xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, facilmente ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

A cámara principal é de 12 megapíxeles e a batería de 3020 mAh. Dispón de USB Tipo C e como sistema operativo usa Android 6.0 Marshmallow, con Emui 4.1.

huawei nova plus - 2

Por outro lado, o Huawei Nova Plus comparte a meirande parte das especificacións co Nova. Os principais cambios son na súa pantalla, que é de 5,5 polgadas con resolución Full HD, na cámara, apostando por un sensor de 16 megapíxeles con estabilizador óptico, e na batería, que vén cunha capacidade de 3340 mAh.

Ambos os dous modelos chegarán ás tendas do noso país no mes de outubro. O Huawei Nova poderémolo atopar no mercado libre por 399 €, mentres que polo Nova Plus haberá que pagar 429 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply