Huawei segue apostando polas tablets coa nova MediaPad M3

Ademais dos novos Huawei Nova e Nova Plus, o fabricante de orixe chinés anunciou unha nova tablet, a Huawei MediaPad M3, un dispositivo de gama media-alta co que aspiran a facerse notar de cara a campaña de Nadal, momento no que se disparan as vendas deste tipo de trebellos como agasallo.

A MediaPad M3 está construída en aluminio e vén cunha pantalla de 8,4 polgadas e unha resolución QuadHD de 2560 x 1600 píxeles, un tamaño a medio camiño entre os dous máis habituais, de 10 e 7 polgadas. No interior temos un procesador Kirin 950, de fabricación propia, xunto con 4 GB de memoria RAM e 32 ou 64 GB de memoria interna ampliábeis mediante microSD.

huawei media pad m3 - 2

As cámaras, frontal e traseira, son de 8 megapíxeles e a batería de 5100 mAh de capacidade. Ademais podemos escoller entre versións unicamente WiFi ou WiFi+LTE, pensada para quen precisa empregar o dispositivo en mobilidade. O sistema operativo é Android 6.0 Marshmallow, coa capa de personalización EMUI 4.1.

En canto a prezos e dispoñibilidades, está prevista a súa comercializaación en Europa o día 26 de setembro por estes prezos:

  • 349 € (32 GB, só WiFi)
  • 399 € (32 GB, LTE) ou (64 GB, só WiFi)
  • 449 € (64 GB, LTE)

Que vos parece?

Deixa un Comentario