Lenovo tamén aposta pola modularidade no novo Moto Z Play

Na IFA de Berlín que se está a celebrar estes días coñecemos o noto terminal de Lenovo, o Moto Z Play, que incorpora como principal novidade a posibilidade de conectarlle módulos.

Moto Z Play 03

Imos por partes. No corazón do terminal atopamos un procesador Snapdragon 625 de oito núcloes a 2 Ghz, 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno. Ten unha pantalla de 5,5 polgadas fHD e grazas aos 7mm de grosor do terminal contamos cunha batería de 3510 mAh con carga rápida que, segundo Lenovo, proporciona até 50 horas de autonomia, cifra que dependará moito do uso que lle demos e recuperamos o conector de auriculares de 3,5 mm. Ademáis, atoparemos tanto un lector de pegadas coma NFC.

En canto ao deseño, estacamos a presenza dunha cámara principal de 16 mpx en forma circular que sobresae moito na parte traseira, tal e como vedes na imaxe.

Moto Z Play 01

O Moto Z Play non foi o único aparello que presentaron, pois tamén coñecimos o Hasselblad True Zoom, un módulo de cámara que incorpora un zoom óptico de até 10x.

hasselblad true zoom moto z play

Se estades interesadas neste dispositivo, cómpre saber que o Moto Z Play chegará en setembro a un prezo de 499€ mentres que o módulo de fotografía chegará en outubro e custará 249€; iso si o prezo inclúe o acceso gratuíto ao software de edición Hasselblad Phocus.

Sobre o autor

Reply