Samsung paraliza a venda do Galaxy Note7 até novo aviso e cambiará os xa comercializados

[Actualización 07/09/2016] Samsung ten previsto retomar a distribución do Note7 no noso país o 19 de setembro.

Nas últimas horas apareceron varias novas en relación a unha serie de incidencias vencelladas ao Samsung Galaxy Note7, que estaba previsto pór á venda no noso país o día 9. Segundo parece, detectáronse 35 incidencias a nível mundial, con terminais que sufriron queimaduras por mor dun problema coas baterías.

Tras facer unha investigación e detectar o erro, e por motivos de seguridade, Samsung vén de suspender as vendas do novo Samsung Galaxy Note7, retirándoo do mercado onde xa está á venda e sustituíndo todos os dispositivos a quen xa o posúa por unidades novas nas próximas semanas. Para iso veñen de habilitar as seguintes formas de contacto:

  • Teléfono: 900100807
  • Correo electrónico: soporte.note@samsung.com

O problema é dunha partida de dispositivos e afecta a 24 de cada millón de móbiles, mais Samsung preferiu non arriscar e paralizar todas as vendas para garantir que as usuarias dispoñan dun problema libre de problemas.

Teremos que agardar uns días para ver como evoluciona o tema e como acaba afectando á data de posta á venda no noso país. Mentres tanto, podes ler as nosas primeiras impresións sobre o que, con todo, é o mellor terminal de Samsung até a data.

No Responses

Deixa un Comentario