Mininovas Android: cancelado o Project Ara e Mi Pay, o sistema de pagos de Xiaomi

Google cancela Project Ara

project ara

Esta semana anunciouse que o móbil modular de Google non verá a luz a finais de ano como se agardaba. Desde Alphabet confirmouse a cancelación do Project Ara, pois foi “un proxecto que fracasou” coma eles mesmos comunican.

Lembremos que o móbil ía ser un terminal 100% modular e que poderíamos elixir cada compoñente de xeito independente en función das nosas necesidades, pero polo de agora e da man de Google, non vai ser posíbel. Se cadra o mundo non está preparado isto. 😉

 

Xiaomi xa ten sistema para pagos co móbil

xiaomi paypal

Xiaomi anunciou o seu sistema propio para pagos co móbil, Mi Pay. Esta semana foi anunciado pero aínda non entrou en funcionamento, pero pode chegar co lanzamento en setembro do Xiaomi Mi Note 2. Polo de agora semella que o sistema de pagamento só funcionará na China e con bancos chineses, pois na listaxe facilitada pola compañía só aparecen bancos deste país.

En canto os propio sistema, só se precisará un termininal Xiaomi con NFC e funcionará tanto con tarxetas de débito ou crédito, tarxetas regalo e membresía.

Sobre o autor

Reply