Yoga Tab 3 Plus, unha das mellores opcións para disfrutar de contido multimedia

Lenovo achegou á IFA de Berlín unha chea de dispositivos novos, entre eles unha tablet especialmente orientada ao consumo de material multimedia. Falamaos da Lenovo Yoga Tab 3 Plus, que conta cun coidado deseño e acabados metálicos, aínda que na parte traseira ten un material que semella coiro.

En canto ás súas especificacións, a Tab 3 Plus leva unha pantalla IPS de 10,1 polgadas en formato 16:10 e cunha resolución 2560 x 1600 píxeles. No interior temos un procesador Qualcomm Snapdragon 652, de oito núcleos (catro Cortex A72 a 1,8 GHz e outros catro Cortex A53 a 1,4 GHz), xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD de até 128 GB.

A cámara principal é de 13 megapíxeles, leva USB TIpo C e diferentes conectividades sen fíos (Bluetooth, LTE…), ademais de GPS e GLONASS. Como sistema operativo emprega Android 6.0.1 Marshmallow.

Yoga Tab3 Plus 02

Ademáis, para dicir que pode ser unha das mellores tablets para o consumo multimedia, Lenovo incorporou a pantalla 2K, catro altofalantes JBL na parte dianteira da equipa con tecnoloxía Dolby Atmos e son tridimensional, xunto cunha inmensa batería de 9300 mAh con carga rápida que permite até 18 hora de autonomía.

Estará no mercado durante o mes de outubro desde 299$.

Deixa un Comentario