Twyp Cash, a app de ING para retirar cartos nas caixas dos supermercados

Nos últimos meses falamos moito das aplicacións de pago co móbil, das que xa temos un bo número delas funcionando no noso país. Ademais de Samsung Pay, a alternativa de Samsung para os seus trebellos, moitos bancos dispoñen de aplicacións de pago propias, e Vodafone tamén ofrece unha opción ás súas clientas que traballa con calquera banco.

ING e o grupo DIA veñen de anunciar un acordo que permitirá ás usuarias do banco retirar efectivo nas caixas dos supermercados DIA e nas gasolineiras das marcas Shell e Galp a partir do próximo 26 de setembro, o que supón a creación de 3500 puntos de retirada de efectivo adicionais aos caixeiros automáticos, sen que haxa un importe mínimo da cantidade a retirar.

A idea de poder retirar cartos en efectivo desde a caixa dos supermercados non é novidosa, pois Dia e Eroski xa dispuñan de tarxetas coas súas respectivas financieiras que permitían facer isto, polo que a gran novidade da alternativa de ING é que só precisamos o noso móbil para realizar a operación.

Deixa un Comentario