O Galaxy S8 chegaría en dúas versións, ambas con pantalla curva

Malia que aínda é cedo para falar de datas de presentación do Samsung Galaxy S8, que se sigue o calendario previsto sería arredor do MWC ou na propia feira, comezan a  chegar as primeiras informacións  a modo de rumor sobre as súas características, coa pantalla como gran protagonista.

Segundo parece, o fabricante surcoreano estaría a traballar en dúas versións, estratexia que repite desde o Galaxy S6, aínda que desta vez estaríamos a falar de dúas versións coa pantalla curvada dual edge: a máis pequena sería de 5,1 polgadas, mentres que a grande acadaría de 5,5 polgadas. Ademais, as novas pantallas do Galaxy S8 tamén darían un salto importante en canto a resolución, acadando a resolución 4K.

Por outro lado, nas últimas semanas comezouse a falar da posibilidade de que Samsung integrase un sistema de dobre cámara no seu próximo buque insignia, que estaría formado por unha lente de 12 megapíxeles e outra de 13, para ofrecer unha experiencia semellante á que xa están a dar outros fabricantes.

Vía

Deixa un Comentario