República Móvil baixa prezos e engade 4G

República Móvil non é dos operadores virtuais máis coñecidos, aínda que certamente ten unhas tarifas que se sitúan entre as mellores do mercado, e que poden ser moi interesantes para todas aquelas persoas que só precisen unha liña móbil.

A compañía vén de levar a cabo unha remodelación de todas as súas tarifas, cambios que chegarán o próximo 15 de setembro, data na que tamén teñen previsto habilitar as velocidades 4G nas súas tarifas, baixo a cobertura de Orange.

República Móvil apostará polas tarifas configurábeis como as que teñen Simyo ou Másmóvil, que permiten ás usuarias seleccionar certo volume de chamadas e certo volume de datos, adaptándose ás necesidades reais. Entre esas novidades cabe destacar que por 9,90 € poderemos disfrutar de chamadas ilimitadas; quen non precise tanto poderá ter 100 minutos por 3,90 €/mes ou 50 minutos por 1,90 €/mes.

As opcións de datos tamén son variadas: 500 MB por 2,90 €, 1,2 GB por 5,90 €, 3 GB por 11,90 € ou 5 GB por 16,90 €. Ademais, a chegada do 4G tamén trae consigo unha importante novidade: a redución da velocidade unha vez consumidos os datos, aínda que a 16 kbps, o que non permitirán moita cousa.

República Móvil tamén pensou nos heavy users, a quen ofrece chamadas ilimitadas e 8 GB de navegación por 26,90 €.

Deixa un Comentario