Twitter deixará de contar caracteres en fotos, vídeos e enquisas o 19 de setembro

Levamos tempo especulando sobre a lonxitude dos tweets, máis quitarlle ese límite de 140 caracteres acabaría coa rede social tal e como a entendemos a día de hoxe, porque, sen esa limitación, Twitter deixaría de ser Twitter.

Ás usuarias que nos gusta Twitter, gústanos que non atenten cotra esa maneira de comunicarnos, pero pouco a pouco dan algún paso dirixido a engadir máis caracteres tentando de manter un complexo equilibrio: deixar algo máis de espazo para expresarse con máis detalle, sen chegar a facebookizar Twitter. Dicimos isto, porque desde o día 19 de setembro as seguintes accións non sumaran caracteres:

  • Fotos (anunciado en maio)
  • Vídeos (anunciado en maio)
  • Enquisas (anunciado en maio)
  • Nomes de usuario ao comezo do tweet de resposta

É dicir, podemos poñer unha foto, un vídeo, … nunha mensaxe, que de aínda así teremos 140 caracteres de texto, non coma até o de agora, que calquera tipo de contido restaba do número total de caracteres. O que aínda resta espazo nas mesaxes, serán as ligazóns.

Estes cambios chegarán o día 19 deste mes, pero iso non significa que o faga a todos os mercados ao mesmo tempo.

Deixa un Comentario