Pokémon Go: selecciona un Pokémon para camiñar con el e consegue caramelos

Chega unha nova actualización a Pokémon Go, e con ela novas polémicas, porque as usuarias de teléfonos rooteados sufriarán un bloqueo. Pero esta nova versión do xogo do verán trae consigo unha nova funcionalidade, a posibilidade de poder elixir un Pokémon da nosa colección para que nos acompañe cando saímos camiñar na captura de Pokémons.

Levar un Pokémon acompañante ten unha gran vantaxe, xa que este sumará quilómetros, que se traducen en caramelos da súa especie, cos que logo poderemos evolucionalo ou facelo máis forte.

pokemon-companeiro

Para escoller o Pokémon que queremos que nos acompañe non temos máis que ir ao noso perfil, premer no menú e seleccionar ao que queiramos. Segundo cal escollamos, deberemos percorrer diferentes distancias para facernos con caramelos. Por poñer algúns exemplos:

  • 1 km: Magikarp, Pidgey, Caterpie, Weedle, Pikachu…
  • 3 km: Squirtle, Bulbasur, Charmander…
  • 5 km: Lapras, Aerodactyl, Eevee…

Poderemos cambiar de Pokémon acompañante sempre que queiramos, aínda que iso significa perder o progreso actual e comezar a conta desde 0 km, polo que sempre nos vai compensar agardar a completar toda a kilometraxe necesaria antes de cambialo.

Como curiosidade, os Pokémons amósanse en diferentes posicións. Os Eevee súbense aos nosos ombreiros, pero outros van ao lado. Existe un pequeno ovo de pascua relacionado con Pikachu, quen camiña ao noso lado… até que camiñamos 10 km. Nese momento xa sube ao noso ombreiro 🙂

Deixa un Comentario