Samsung anuncia a Galaxy Tab A 2016 con S-Pen

Samsung vén de facer oficial a súa nova tablet, a Samsung Galaxy Tab A 2016, que incorpora como principal elemento diferenciador o mesmo S-Pen que vimos no Samsung Galaxy Note7 e, por suposto, as mesmas ferramentas de proodutividade.

A nova tablet incorpora unha pantalla LCD de 1920 x 1200 píxeles de resolución; no seu interior, o hardware destaca pola presenza dun procesador Samsung Exynos 7870, de oito núcleos a 1,6 GHz, acompañado de 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, que poden ampliarse con tarxetas microSD.

samsung-galaxy-tab-a-2016-2

As cámaras non é algo no que destaque especialmente neste dispositivo, optando por sendos modelos de 8 e 2 megapíxeles. Por outro lado, a batería é de 7300 mAh de capacidade, que segundo afirma o fabricante tradúcense nunhas 14 horas de uso.

Polo de agora o dispositivo foi anunciado en Corea do Sur, onde se venderá por uns 400 euros co cambio actual, estando dispoñíbeis nunha versión WiFi e outra que tamén leva conectividade 4G LTE.

Sobre o autor

Reply