Unboxing do Moto G4 Plus

O pasado mes de maio Lenovo presentou os novos Moto G4 e Moto G4 Plus. Aínda que ambos trebellos son parecidos, a versión Plus é unha versión vitaminada do estándar.

A continuación resumimos as súas principais características:

  • Pantalla IPS de 5,5 polgadas con resolución (1920 x 1080 píxeles, 401 ppp)
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 617
  • 2 GB de RAM
  • 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de até 128 GB)
  • Cámaras de 16 e 5 megapíxeles
  • Batería de 3000 mAh
  • Sensor de pegadas dixitais
  • LTE Cat 4
  • Android 6.0.1

O noso lector Roi Valcárcel enviounos o seguinte unboxing do dispositivo, no que podedes ver todo o que hai na caixa. Agradecémoslle o traballo e lembrámosvos que estades convidadas a colaborar con nós sempre que queirades.

Sobre o autor

Reply