Vodafone anuncia a Vodafone Smart Tab Prime 7

Vodafone vén de anunciar o lanzamento dunha nova tablet, a Vodafone Smart Tab Prime 7, un dispositivo que a operadora comercializa baixo o seu propio nome e que agocha unhas prestacións bastante interesantes dentro da súa gama.

A Smart Tab Prime 7 de Vodafone está equipada cunha pantalla IPS FullHD de 10 polgadas (1920 x 1200 píxeles, 223 ppp), e no seu interior integra un procesador Qualcomm Snapdragon 430, de oito núcleos, xunto 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 64 GB.

No apartado multimedia atopámonos cuns altofalantes estéreo frontais, mentres que as súas cámaras son de 5 (principal) e 2 (frontal) megapíxeles. A batería ten unha capacidade de 5830 mAh e, por suposto, vén equipada con conectividade 4G, permitindo acceder a velocidades de 150 Mbps de descarga. O sistema operativo é Android 6.0 Marshmallow.

vodafone-smart-tab-prime-7-2

En canto a deseño e acabados, cómpre salientar as medidas contidas, especialmente no grosor. Ten unhas dimensións de 259,2 x 155.8 x 7.95 mm e un peso de 449 gramos. O material predominante nos acabados é o metal.

O trebello xa está dispoñíbel, tanto a través da rede de tendas físicas de Vodafone como na tenda online. O seu prezo varía dependendo da tarifa escollida:

  • 0 € iniciais + 8 €/mes durante 2 anos coa tarifa Internet Móvil L (15 GB con roaming por 45 €/mes).
  • 49 € iniciais + 6 €/mes durante 2 anos coa tarifa Internet Móvil M (6 GB con roaming por 27 €/mes)
  • 99 € iniciais + 4 €/mes durante 2 anos coa tarifa Internet Móvil S (2 GB con roaming por 14 €/mes)

Ademais, pódese mercar libre por 209 €, aínda que as clientas de Vodafone que paguen ao contado poderán levala por 192 €, un prezo moi interesante para unha tablet con estas especificacións

Sobre o autor

Reply