Duo comeza a súa promoción cunha serie de vídeos humorísticos

Desde que se lanzou Google Duo conseguiron máis de 10 millóns de descargas pero poñendo en situación ese número, non é moi elevado tendo en conta as cifras que acadan as demáis apps de Google. Ollo, tan importante é o numero de descargas coma o número de usuarias activas, e ámbalas dúas cifras son malas.

Para darlle máis pulo á app, Google ven de lanzar 5 anuncios para chegar a máis usuarias. Estes vídeos, que son moi entretidos, achegan unha conversa a traves de Duo de duos obxectos que todos podemos ter na casa. Por exemplo, dous calcetíns que se desemparellaron, unha conversa entre a sal e a pementa ou o café e o leite.

Estes vídeos curtos e directos, serven para resaltar as características de Google Duo. A continuación, deixámosvos os 5 vídeos:

Nos vindeiros meses verase se a adopción desta nova app é significativa ou terán que recorrer a outras prácticas coma son as presinstalacións nos novos terminais, para que as cifras de uso melloren.

Sobre o autor

Reply