Samsung anuncia o novo Galaxy A9 Pro

Sen apenas facer ruído mediático, Samsung anunciou o novo Galaxy A9 Pro, un dispositivo no que o fabricante apostou por dotalo cunha pantalla de grandes dimensións e cunha batería de gran capacidade, malia manter o prezo por baixo dos 500 dólares, uns 450 euros ao cambio.

O dispositivo incorpora un panel Full HD Super AMOLED de 6 polgadas, cunha resolución de 1920 x 1080 píxeles, e no seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 652, de oito núcleos, acompañado de 4 GB de memoria RAM e unha memoria interna de 32 GB, ampliábeis mediante microSD de até 256 GB.

samsung-galaxy-a9-pro-1

A cámara principal ten un sensor de 16 megapíxeles, con OIS e unha apertura f/1.9 con flash LED, mentres que a cámara frontal é de 8 megapíxeles, con apertura f/1.9. Dispón de sensor de pegadas dixitais, LTE, dual SIM e unha batería con 5000 mAh de capacidade.

Toca agardar a saber se Samsung ten previsto comercializar este modelo no noso país, mais o certo é que se trata de dispositivos que son máis habituais nos países asiáticos, polo que é probábel que non chegue nunca de maneira oficial. Que vos parece a vós?

Deixa un Comentario