Google Trips chega á Play Store

Unha nova aplicación de Google vén de aterrar na Play Store. Falamos de Google Trips, unha ferramenta que nos permite organizar as nosas viaxes dunha maneira rápida e sinxela.

Con Google Trips poderemos recibir información de interese sobre cousas que temos preto da nosa ubicación, como poden ser as tendas de alugueiro de coches, os horarios das actividades ou os comentarios de outras viaxeiras. Maios o mellor de todo é que esta información está dispoñíbel sen conexión.

google-trips-01

Parte da información recóllea das confirmacións de reservas que chegan á nosa conta de GMail, e a partir de aquí comeza a amosar información relativa á zona pola que nos imos mover.

google-trips-02

Polo de agora, Google Trips só está en inglés e nesta ligazón, podedes descagala de balde desde a Play Store.

Deixa un Comentario