Xa é oficial: Google presentará os Pixel e Pixel XL o 4 de outubro

Foi hoxe cando Google confirmou que en dúas semanas presentará os novos terminais da compañía, baixo o slogan Made by Google.

Os Pixel serán os primeiros terminais creados por Google e poñen fin aos Nexus, unha familia cargada de éxitos. O evento terá lugar en San Francisco o día 4 de outubro ás 18:00 horas no noso país.

Ademáis deste anuncio, tamén apareceron hoxe o que semella son fotos reais dos terminais que se van presentar ese día. Son fotos con moito detalle, nos que podemos ver tanto a parte dianteira coma a traseira, destacando o lector de pegadas dixitais.

pixel-x-xl-2

pixel-x-xl-1

Sexa como fose, teremos que agardar até outubro para que se confirmen todas estas filtracións e veremos se haberá algunha sorpresa, ou non.

Deixa un Comentario