Mininovas Android: chegará Mediatek á gama baixa de Samsung?

Empregará Samsung MediaTek na súa gama baixa?

mediatek mwc15

Segundo o presidente de MediaTek, Tsai Ming Kai, Samsung é cliente da súa empresa, polo que todo apunta a que Samsung comezará a implementar estes SoCs nos seus terminais de gama baixa.

Veremos nos vindeiros meses que movementos fai Samsung, é de ser certo, non é unha mala nova que os terminais de gama baixa monte MediaTek, pois son uns procesadores recoñecidos pola súa relación calidade-prezo.

Hackeadas 500 millóns de contas de Yahoo

hacked-yahoo
De confirmarse esta cifra, Yahoo puido sufrir o ataque máis grande da historia, con 500 millóns de contas comprometidas.

Ademáis do roubo, que non é pouco problema, semella que Yahoo non actuou correctamente coas súas clientas, pois o ataque tivo lugar a finais de 2014, a empresa non foi consciente até agosto e é agora, a mediados de setembro cando avisa ás clientas de que cambien o contrasinal. Yahoo deféndese dicindo que prefiron traballar na sombra para coller aos resposábeis do ataque. O certo é que aínda non foi así.

O Banco Sabadell e Sansumg Pay xa son compatíbeis

samsung pay

Desde agora mesmo, se sodes clientas do Banco Sabadell xa podedes usar o sistema de pagos móbiles de Samsung, Samsung Pay. O sistema acepta tanto tarxetas de débito coma de crédito.

Iso sí, lembrade que Samsung Pay ao estar desenvolto pola empresa coreana, só funciona nos seguintes terminais: Galaxy S7, S7 edge, Galaxy S6, S6 edge, S6 edge+ e o Galaxy A5 (2016).

BlackBerry pode desaparecer este mesmo mes

BlackBerry-Logo

Moitos rumores apuntan a que a marca canadense pode deixar o mercado dos smartphones en poucas semanas. Os intentos foron moitos e mesmo resnunciaron a súa esencia incorporando Android aos ultimos terminais do seu portfolio. Non foi dabondo e as ventas non remontan, por isto é porq esta división require do 65% do gasto total en I+D, a empresa está valorando pechar a división de hardware.

Veremos o que acontence con esta marca mítica, que está claro que non pasa nin de lonxe por un bo momento.

Sobre o autor

Reply