Analizamos a tablet Haier Pad971

Durante a última semana estivemos probando unha das novas tablets de Haier, o fabricante de electrónica e electrodomésticos que recentemente comezou a apostar polos dispositivos móbiles. Trátase da Haier Pad971, un dispositivo moi compensado que funciona con Android 5.1.1 Lollipop.

Deseño, acabado e conexións

A Haier Pad971 é unha tablet que conta cuns xenerosos marcos na parte superior e inferior, e máis recatados nos laterais, o que realmente resulta moi cómodo para soster o dispositivo para consumir contidos sen meter os dedos por riba da pantalla. Polo demais, do seu deseño destaca o escaso grosor (7,6 mm)  que conseguiu o fabricante, o que tamén se traduce nunha maior lixeireza (528 gramos).

haier-pad971

O material predominante é o aluminio, que cubre toda a capa traseira e os marcos laterais, e por diante unha fina capa de cristal cubre a pantalla e os marcos, facendo que sexa un continuo moi agradábel ao tacto.

Os botóns concéntranse todos no lateral dereito do trebello, nunha posición superior o de acendido e máis abaixo os controis de volume. No marco superior sitúase o conector jack de audio 3.5 mm, xunto o microUSB e un lector de tarxetas. Se non usamos a tablet mentres a temos a cargar, o lugar de colocación do microUSB pode resultar algo incómodo, aínda que en calquera caso trátase dun mal menor, xa que a pantalla pode rotar conforme xiramos a tablet.

Hardware e rendemento

A Pad971 conta cun procesador ARM RK3288 Cortex A7 de catro núcleos a 1,8 GHz e GPU Mali T7, acompañado de 2 GB de memoria RAM e 16 GB de almacenaxe interna, algo máis da metade dispoñíbel para as usuarias. A esta capacidade hai que engadir a posibilidade de poder empregar tarxetas microSD de até 64 GB.

Esta potencia permítenos levar a cabo todo tipo de actividades co dispositivo, aínda que ben é certo que cando temos moitas aplicacións abertas e mudamos dunha a outra notamos que non lle viría mal algo de forza extra.

Pantalla

A pantalla é un panel de 9,7 polgadas que conta cunha resolución de 2048 x 1536 píxeles, o que se traduce en 263 píxeles por polgada. Isto permítenos disfrutar de contidos de boa calidade, e ademais as cores resultan moi vivas e ten uns máis que aceptábeis ángulos de visión. O seu formato é 4:3.

haier-pad971-2

O trebello non dispón dun sensor de luminosidade, polo que tampouco adapta o brillo da pantalla automaticamente cos cambios de luz, tendo que acudir aos axustes rápidos da barra de notificacións para modificalo. Tamén nos pareceu que o brillo mínimo é algo alto vivo de máis, o que pode resultar algo incómodo se, por exemplo, estamos coa luz apagada.

Cámaras

Cando analizamos as tablets non adoitamos prestar moita atención ás cámaras, xa que consideramos que non se trata do dispositivo máis acaído para tomar fotos. Porén, non deixa de ser relevante que este modelo integre unha íxeles, con Autofocus e resolución de vído de 1080p. No caso da cámara frontal estamos a falar dun modelo de 2 megapíxeles.

Batería

A batería ten unha capacidade de 7800 mAh, unha capacidade que nos permite algo máis de 5 horas e medias de uso real en reprodución de vídeo, o que fai que sexa unha boa alternativa para as viaxes longas. Non dispón de carga rápida, e leva algo máis de dúas horas facer a carga completa.

Software

En canto a software, vén con Android 5.1.1 Lollipop, e descoñecementos se o fabricante ten nos seus plans actualizar a futuras versións (6.0 Marshmallou ou 7.0 Nougat). Porén, isto non é ningún problema, dado que esta versión é unha das máis completas e máis estables.

Trátase dunha versión stock de Android, é dicir, sen modificación por parte do fabricante, o que nos garante unha experiencia “moi Google”. Tampouco trae preinstaladas moitas aplicacións, máis aló do pack de produtividade de Microsoft, composto por OneDrive, One Note, Outlook, Word e Skype.

Conclusións

A Haier Pad971 é un dispositivo bastante ben compensado en termos de calidade – prezo. As súas especificacións de gama media permítennos levar a cabo todas as actividades que adoitamos facer coas tablets cunha boa velocidade de resposta, e o tamaño e autonomía fan que poidamos sacarlle moito proveito nas viaxes.

Pódese adquirir nunha cor dourada – plateada por 179 € nas principais cadeas de distribución de electrónica.

Deixa un Comentario