Analizamos o Doogee X5 MAX (e sorteamos un!!!)

Estes días atrás estivemos probando un terminal diferente. Trátase do Doogee X5 MAX, un dispositivo de baixo custo cunhas especificacións moi interesantes. Queres saber máis? Sigue lendo e poderás levar un para a túa casa de xeito totalmente gratuíto.

doogee x5 max 01

Especificacións técnicas

Antes de nada cómpre que fagamos un repaso das especificacións deste modelo. Nel podemos atopar as seguintes características técnicas:

  • Pantalla IPS de 5 polgadas e resolución HD.
  • Procesador Mediatek MTK6580 de catro núcleos a 1,3 GHz.
  • GPU Mali 400.
  • 1 GB de RAM.
  • 8 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD  de até 32 GB)
  • Cámara dianteira e principal de 5 Mpx con Flash LED (só a principal).
  • DualSIM. Unha micro e outra nano SIM.
  • GPS, Bluetooth 4.0 e 3G.
  • Sensor de pegadas dixitais.
  • Android 6.0 Marshmallow, sen capa de personalización

Como podedes ver nas especificacións, atopámonos algunha característica moi interesante, quizais a máis destacada que malia ser un dispositivo low-cost cotna con lector de pegadas dixitais e unha das últimas versións de Android, Marshmallow 6.0.

Funcionamento

En canto ao funcionamento, podemos dicir que é un terminal correcto. A sensibilidade da pantalla é boa, funciona ben cando prememos, non atopamos lag en transicións, aínda que non é un terminal rápido, pois a carga ou actualización de apps notamos que lle falta potencia. Tamén atopamos certos retardos cando facemos scroll no navegador ou zoom para ver algo máis de preto.

Coma curiosidade para a xestión da multitarefa, teremos que premer durante uns segundos o botón home e non no botón que ten adicado, como acontece normalmente.

Cámaras

En canto ao apartado fotográfico só acadamos un resultado correcto, pois o Doogee X5 MAX monta dúas cámaras que só nos sacan dun apreto. Nas fotos aparece certa saturación e pouca definición dos contornos. Os resultados logos duns días de uso, podédelos ver na nosa biblioteca. Botamos en falta a posibilidade de facer fotos panóramicas.

screenshot_20160828-110750

Batería

Un dos puntos a favor deste terminal é a batería de 4000 mAh que nos proporciona 2 xornadas de autonomía sen moitos problemas, todo depende do uso de cada quen, claro está. Pero o que si podemos afirmar e que naqueles días que facemos un uso un pouco máis intensivo, habémolos pasar sen maior problema.

doogee x5 max 02

Lector de pegadas dixitais

A outra característica a destacar e a incorporación do lector de pegadas dixitais, e non só por montalo, se non porque funciona realmente ben. É certo que non permite colocar de calqueira xeito o dedo para desbloquear, pero unha vez que automatizamos a súa colocación o desbloqueo vólvese rápido e preciso.

Conclusións

En liñas xerais, o Doogee X5 MAX é un terminal interesante polas incorporacións que presenta máis propias dun terminal de gama superior, ademáis de compórtase ben no día a día: podemos xestionar as nosas redes sociais ou correo e capturar recordos sen problemas que nos recorden a cada paso o seu prezo.

Atopamos un par de eivas destacábeis; é un móbil moi pesado, 145 gr, que parecen 200 gr cando o manexamos a cotío e a botoneira da parte inferior da pantalla non se ilumina o que dificulta o seu uso cando hai pouca luz.

Polo demáis, é un móbil correcto pois o seu prezo ronda os 59€ e tendo en conta esta particularidade non podemos exixir moito máis do que nos ofrece. Pódese mercar en moitas tendas online, por exemplo esta.

Sorteo: Faite cun Doogee X5 MAX con Mallando no Android e RedInput!

A análise deste trebello foi posíbel grazas á xente de RedInput, que cedeu este dispositivo como mostra de agradecemento ás usuarias e usuarios das aplicacións da compañía. Queres saber que tes que facer para gañalo?

  1. Deixar un comentario nalgunha das aplicacións de RedInput na Play Store. Podedes velas en redinput.com.
  2. Seguir a nosa conta de Twitter: @mallandroid
  3. Poñer o seguinte tweet (copiar – pegar): Participo no sorteo de @mallandroid para gañar un Doogee X5 Max! Mira como aquí: http://ir.gl/doogee
  4. Cubrir este formulario cos teus datos [SORTEO PECHADO]

Pódese participar até o martes 4 de outubro ás 23.59 horas. O mércores 5 de outubro publicaremos unha listaxe co número de participación asociado a cada usuario e o sorteo farase en relación co sorteo da ONCE dese día.

[Actualización] Xa temos a listaxe de participantes no sorteo: o número ligado a cada nome (orde de inscrición) é a participación. Escolleremos á persoa gañadora aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do 5 de outubro” MOD “número de participacións”.

Sobre o autor

One Response

  1. Alvaro Cuéllar 1 Outubro, 2016 Responder

Reply