bq anuncia a súa nova gama de smartphones Aquaris U

bq-aquaris-u

bq vén de anunciar o lanzamento da súa nova gama de terminais para este ano, a saga Aquaris U, formada por tres novos modelos (Aquaris U, Aquaris U Plus e Aquaris U Lite) de cinco polgadas cos que queren ofrecer solucións para todos os petos.

bq Aquaris U Plus

O Aquaris U Plus é o primeiro smartphone de bq que conta con capa traseira fabricada en metal, na cal está situado o lector de pegadas dixitais. A pantalla é de 5 polgadas con resolución 720 x 1080 píxeles e no seu interior integra un procesador Qualcomm Snapdragon 430, de oito núcelos a 1,4 GHz, xunto a 2 ou 3 GB de memoria RAM e 16 ou 32 GB de memoria interna

aquaris_uplus_

No apartado multimedia, a cámara principal é un sensor de 16 megapíxeles con apertura f/2.0 e fash LED e detección de fase, mentres que a frontal fica nos 5 megapíxeles. A batería sitúase nos 3080 mAh de capacidade e dispón de dual SIM, aínda que o segundo slot de SIM pode empregarse para poñerlle unha tarxeta de memoria microSD de até 256 GB.

Estará dispoñíbel o 6 de outubro en negro-gris antracita e branco-dourado en dúas configuracións: 16 GB + 2 GB de RAM ou 32 GB + 3 GB de RAM, a un prezo de partida de 199,90 €.

bq Aquaris U e Aquaris U Lite

Ao igual ca o Aquaris U Plus, as versión Aquaris U e Aquaris U Lite comparten un deseño semellante, con aristas redondeadas e pantalla protexida.

aquaris_u

O Aquaris U dispón de tecnoloxía NFC, monta un procesador Qualcomm Snapdragon 430 de oito núcelos até 1,4 GHz, e inclúe unha batería de 3080 mAh. A cámara traseira é de 13 megapíxeles con apertura focal f/2.2, e a frontal de 5 megapíxeles.

Por outro lado, o Aquaris U Lite vén cun procesador Qualcomm Snapdragon 425, de catro núcleos até 1,4 GHz, batería de 3080 mAh e cámaras de 8 e 5 megapíxeles.

Ambos modelos estarán dispoñíbeis en negro-gris grafito por 169,90 € (Aquaris U) ou 139,90 € (Aquaris U Lite). O Aquaris U chega o 6 de outubro, mentres que polo U Lite haberá que agardar a que se aproxime a campaña de nadal.

Para máis información sobre estes novos trebellos pódese visitar a web de bq.

Sobre o autor

Reply