Huawei programa un evento para o 3 de novembro: Huawei Mate 9?

Huawei xa está quecendo motores para un “gran anuncio” que terá  lugar o 3 de novembro, no que estará presente o CEO da compañía, Richard Yu. Todo fai indicar que será a data na que se anuncie oficialmente o novo Huawei Mate 9, do cal fomos coñecendo moita información durante as últimas semanas.

huawei-mate-9-filtrado

De acordo con todas estas filtracións, o novo Huawei Mate 9 incorporaría unha pantalla de 5,9 polgadas QHD. No seu interior levaría un procesador de fabricación propia, o Kirin 960, xunto 4 ou 6 GB de memoria RAM e opcións de 64, 128 e 256 GB de capacidade interna.

En canto ás cámaras, a principal sería un lente dobre firmado por Leica de 20 megapíxeles. A batería tería 4000 mAh de capacidade, con función de carga rápida, e o sistema operativo será Android 7.0 Nougat.

Teremos que agardar case un mes para coñecer todas as especificacións oficiais e descubrir se se confirman todas estas características que foron adiantando as diferentes filtracións.

Sobre o autor

Reply