Mininovas Android: Pedro Serrahima deixa Pepephone, nova smartTV de Xiaomi e máis

Samsung quere pantallas que repelan o agua ao 100%

Samsung vén de conseguir unha licenza pola cal incorporará nos seu terminais láminas con tacto de cristal coa particularidade de que repelen os líquidos es non deixan marca algunha nas superficies.

Como vemos no vídeos van moito máis aló das pantallas dos móbiles, tamén poderían aparecer na chamada gama blanca, na que Samsung tamén está presente.

Spotify chega a Xapón

spotify-access-from-japan

Despois de moito tempo negociando coas discográficas xaponesas, esta semana ao fin chega Spotify a Xapón cunha característica especial, a posibilidade de ver as letras das cancións, pois por todos é coñecida a afeción dos xaponeses polo karaoke. Ademáis, de primeiras, coa chegada de Spotify gañan todos: por unha banda a empresa chega a un dos principais mercados de música, e os xaponeses contan desde esta semana cunha alternativa de peso en canto a música en streaming de balde.

Así será o Honor 6X?

honor-6x

Esta semana apareceron unhas imaxes que descobren como será o deseño do siguente terminal de Honor, o 6X que se presentará o vindeiro 18 de outubro.

Polo de agora, só é un filtración e hai moito rumores sobre as súas características apuntando a un procesador de gama media de 8 núcleos ou 2/3 GB de RAM segundo configuracións ademáis da doble cámara e o lector de pegadas dixitais como vemos na imaxe.

Como vos dicimos, só son rumores e veremos se se confirman o día 18 deste mes.

Mi TV 3S é a nova smartTv de Xiaomi

mitv3s

A nova televisión da compañía chinesa destaca polo seu pánel IPS de LG e resolución 4K ultra delgado, tan só 9,9 mm, que como gran novidade, preséntase coma a primeira televisión do mundo con intelixencia artifical: grazas á tecnoloxía Mi Brain, a TV é quen de aprender cales son os nosos gustos e así ofrecer o contido que máis se adapte a eles.

Polo de agora non hai moita información sobre como funciona esta IA pero é un paso a copiar pola competencia a corto prazo. Seguro.

A app de Google para iOS xa conta co modo incógnito

google-modo-de-navegacion-incognito-1

Google vénde engadir na versión 19.0 da app o nodo de incógnito polo que desde agora poderemos facer buscassen deixar un rastro evidente delas. Ademáis esta nova funcionalidade é compatíbel co TouchID para que só nos podamos voltar a unha destas búsquedas despois de sair da app.

Pedro Serrahima deixa Pepephone

Pedro Serrahima, director e artífice do éxito de Pepephone, deixa a compañía para ocupar un posto en Globalia, a empresa de viaxes detrás da simpática oepradora.

pedro-serrahima-pepephone

Polo momento, tras a compra de Pepephone por Másmóvil, non se produciron cambios no modo de funcionar, e a promesa é que “todo siga igual”, aínda que con todos os precedentes que levamos vivido coas fusións de operadoras podemos poñer en dúbida isto.

Sobre o autor

Reply