Reservando o Sony Xperia XZ podemos levar uns auriculares MDR-XB950 de balde

sony-xperia-xz

Sony vén de anunciar unha xugosa oferta para as persoas que estén interesadas en facerse co novo Sony Xperia XZ. Aquelas persoas que reserven este trebello antes do 11 de outubro a través de El Corte Inglés levarán totalmente gratis os novos auriculares Bluetooth MDR-XB950, valorados en 199 €.

sony-xperia-xz-auriculares

O novo Sony Xperia XZ chegará tamén ás tendas a partir do 3 de outubro por 699 € contando entre as súas especificacións cunha avanzada cámara con triple sensor de imaxe e estabilizador de imaxe de 5 eixos, que permite sacar moi boas imaxes mesmo en malas condicións de luz.

Dispón dunha pantalla TRILUMINIOUS de 5,2 polgadas e resolución FHD 1080p. No seu interior leva un procesador de catro núcleos e 64 bits, o Qualcomm Snapdragon 820, xunto 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna

A cámara traseira é de 23 megapíxeles cunha velocidade de disparo de 0,6 segundos. Para a frontal escolleron un sensor de 13 megapíxeles con lente de gran angular. A batería é de 2900 mAh, coa tecnoloxía Qnovo, e incorpora USB Tipo C.

Para poder acceder á oferta as usuarias poden reservar tanto nas tendas físicas de El Corte Inglés como na versión web dos grandes almacéns. Está dispoñíbel en negro, azul e platino.

Sobre o autor

Reply