Yoigo volve recuperar La Sinfín: 20 GB e chamadas ilimitadas por 29 €/mes

yoigo

Yoigo recupera, unha vez máis, a súa tarifa máis popular: La Sinfín 20 GB. Como sabedes, esta tarifa é a opción máis rentábel que existe no mercado español para as usuarias que teñen un consumo masivo de datos móbiles, xa que permite navegar en alta velocidade durante os primeiros 20 GB.

A estratexia que está a seguir Yoigo con esta tarifa é a da contratación temporal. É dicir, de cando en vez habilita un tempo durante o cal podemos contratar esta tarifa (iso si, unha vez contratada podemos seguir disfrutándoa para sempre), e fóra dese período teremos que conformarnos con outra alterantiva que inclúe 8 GB.

20 GB e chamadas ilimitadas por 29 €

Será a partir do 3 de outubro cando poidamos contratar de novo La Sinfín 20 GB, que por 29 €/mes inclúe:

  • 20 GB de navegación a velocidade 4G. Consumido este volume de datos a velocidade redúcese a 128 kbps, aínda que é posíbel contratar un bono extra de datos para seguir navegando a máis velocidade
  • Chamadas ilimitadas. Ou case. Yoigo establece unha política de uso razoábel que “limita” as chamadas a 5000 minutos por mes e 300 destinos diferentes. De superar estes límites cóbranse os minutos a 14.52 cént/min, cun estableceemnto de 18,15 céntimos por chamada.
  • As mensaxes de texto teñen un custe de 12,10 cént/SMS.

Yoigo non confirmou durante canto tempo estará dispoñíbel esta tarifa para a súa contratación nin se deixarán que sexan unicamente as novas clientas as que se poidan sumar a ela.

Sobre o autor

Reply