A Unión Europea multará a Google por monopolio en Android

google europa

Tras meses de investigación, a Unión Europea multará a Alphabet (empresa paraugas de Google) por monopolio nos dispositivos Android, ao obrigar aos diferentes fabricantes que empregan este sistema operativo a preinstalar a súas aplicacións.

Isto é o que se desprende dun documento de 150 páxinas no que a Comisión Europea fai un chamamento a Google para que mude estas prácticas, deixando así na man das diferentes marcas a opción de instalar as ferramentas que eles consideren necesarios, sexan ou non as de Google.

Polo de agora descoñécese a cando ascenderá a sanción, xa que a propia UE está a estudar os beneficios que Alphabet consegue a través dos programas AdWords, AdMob, compras na Play Store e buscas web, pero vistos os precedentes neste tipo de operacións europeas, o máis seguro é que sexa millonaria.

Vía

Sobre o autor

Reply