Google Assistant ten un futuro incríbel

Google presentou hoxe unha chea de apostas tanto en hardware coma en software que tiñan todas coma nexo común Google Asssitant, o novo asistente de Google co que podes interectuar de xeito natural presente en Google Home, pero tamén noutros gadgets e en Allo.

google-home

A aposta de Google Assistant é forte, pois non só quere estar presente nos productos desenvoltos pola propia Google, senón que queren chegar a calquera tipo de aparello e para isto nace Actions on Google que basicamente é un paquete de ferramentas para que as desenvolvedoras poidan integrar Google Assistant, dispoñíbel desde o mes de decembro.

google assitant - 2

Pero Google non só está pensando no software, polo que para aqueles fabricantes de hardware tamén pon á súa disposición o SDK de Google Assitant para integralo nos seus aparellos.

O potencial desta nova ferramenta de Google é moi significativo, pero coma case sempre é preciso da implicación de moitos integrantes do mercado para achegar ao público final esta nova maneira de interactuar cos nosos aparellos. Sen esta colaboración a expansión queda moi limitada.

Contará Google coa axuda que precisa? O tempo diráo, pero mentres tanto podemos ver parte do seu potencial interactuando co bot de Allo.

Sobre o autor

Reply