Google Home, o dispositivo de Google para controlar toda a casa

google-home

Pouco soubemos do Google Home desde o pasado I/O no mes de maio, no que Google explicou un pouco por riba en que consiste este aparello que serve para controlar accións na nosa casa, e co que a compañía quere plantar cara a Ello, a alternatvia de Amazon que xa funciona desde hai tempo nos Estados Unidos.

Google Home á a gran aposta da compañía do buscador polo seu asistente, Google Assistant, xa que elimina a necesidade de calquera contacto físico ou interactuación co trebello a través dun smartphone ou tablet: usa unicamente a voz.

google home - 2

Deste modo, co trebello colocado na nosa casa, podemos pedirlle a Google Home que xestione a iluminación dos cuartos da nosa vivenda, solicitarlle información do tráfico, que reproduza a nosa canción favorita e mesmo pedir comida a domicilio.

Todo isto soa moi ben, agás pola cuestión non menor de ter un micrófono na nosa casa sempre alerta do que poidamos pedir, aínda que ben é certo que Google dixo que poderíamos apagalo sempre e cando quixésemos, algo que tampouco ten moito sentido de ter un destes trebellos na nosa casa.

google-home-6

Do mesmo xeito que acontece con Google WiFi, se a nosa casa é moi grande podemos ter diferentes Google Home distribuídos polo fogar, para que cada un se encargue do seu ámbito e que non interfiran entre eles.

google-home-12

Durante a súa presentación, Google asegurou ter traballado con diferentes empresas para facer compatíbel Google Home con outros dispositivos, como por exemplo altofalantes sen fíos nos que poder reproducir a música, aínda que o propio Home incorpora un omnidireccional.

google-home-5

google-home-11

Google Home estará dispoñíbel en varias cores por 129 dólares, que inclúen 6 meses gratis de YouTube Red, a versión premium de YouTube que a cambio dunha cota mensual elimina a publicidade.

google-home-13 google-home-14

Mercaríades un destes dispositivos para o voso fogar?

No Responses

Deixa un Comentario