Google WiFi, o novo router de Google para a nosa casa

google-wifi

O interese de Google por mellorar as redes de datos, nomeadamente as conexións sen fíos, non é unha novidade, sobe todo despois das diferentes operacións para crear unha rede de acceso a Internet mundial ou os seus pasos como operadora móbil nos Estados Unidos a través do Project Fi.

Tras o Google OnHub do ano pasado, Google vén de anunciar hoxe o seu segundo router Wifi, chamado Google WiFi, un dispositivo que se porá á venda nos Estados unidos por 129 dólares, e que seguramente non chegue a poñerse á venda no noso país.

A diferenza do primeiro router OnHub, o novo Google WiFi é un dispositivo moito máis pequeno, que polo tanto podemos disimular mellor na nosa casa. Porén, o máis destacado del atopámolo nas súas funcionalidades.

Unha das que nos pareceu máis interesantes é que vén preparado para que traballen varios Google WiFi conxuntamente, polo que podemos situalos en varios puntos da casa para garantir sempre a mellor cobertura de Internet, algo que sen dúbida é moi interesante nas vivendas con máis dun piso.

google-wifi-3 google-wifi-4

Por outro lado, tamén dispón de funcionalidades de intelixencia (Smart) orientadas a mellorar a calidade de conexión, como a detección e bandas copadas e o cambio a outras menos colapsadas, ofrecendo así unha maior velocidade de conexión ás usuarias.

google-wifi-5
Toda a xestión dos Google WiFi que teñamos instalados na casa pode facerse a través dunha aplicación para o noso smartphone. Nela podemos controlar cantos routers temos, que dispositivos (smartphones, tablets, ordenadores…) están conectados a eles e desconectalos se así o consideramos.

google-wifi-6

O novo Google WiFi comercializarase a partir de decembro, aínda que se poderá prerreservar en novembro. Poderase mercar un por 129 dólares ou o pack de tres por 299 dólares.

Sobre o autor

Reply