WhatsApp engade debuxos e stickers ás fotos para parecerse a Snapchat

whatsapp-snapchat

Todo o mundo quere parecerse a Snapchat. Se hai non moito tempo foi Instagram quen copiou coas súas Stories unha das funcionalidades máis exitosas da popular aplicación de mensaxería efímera, agora é WhatsApp (que ao igual ca Instragram, pertence a Facebook) quen se aventura a engadir os stickers e debuxos nas fotos e vídeos, tamén algo esencial en Snapchat.

Esta é a principal novidades que inclúe a última versión estábel de WhatsApp liberada onde, de modo que todo o mundo irá recibindo a actualización para Android desde a Play Store, aínda que as usuarias de iPhone terán que agardar un tempo para que isto chegue para elas..

Para acceder a esta funcionalidade debemos despregar o panel de ferramentas desde a cámara de WhatsApp. A través dela poderemos acceder a unha ristra de emojis e stickers, así como facer debuxos ou textos combinando cores para engadir ás fotos ou vídeos que creemos e enviemos pola aplicación. Ter un resultado máis ou menos artístico xa dependerá da nosa maña e imaxinación.

Outra novidade menor que chega con esta versión de WhatsApp é a incorporación dun falso “flash” frontal. Trátase de iluminar por completo a pantalla do móbil en branco á hora de sacar selfies, algo que ilumina un chisco a escena para sacar mellores selfies. Desde logo non é unha solución equiparábel a ter un flash de verdade, mais algo si que melloran, como temos visto nalgún teléfono que incorpora esta funcionalidade na aplicación propia de cámara.

Nas próximas horas ou días chegaravos esta actualización ao voso teléfono e xa poderedes disfrutar destas novidades. Que vos parecen?

Sobre o autor

Reply