Todo o que Google presentou onte: Pixel, DayDream, Home, WiFi e Chromecast

goole-made-by

Google celebrou onte un dos eventos máis importantes da súa historia, malia que houbo varias cousas que todos os rumores prevían e que non chegaron a saír en escena, entre elas Andromeda, o primeiro paso para achegar Android e ChromeOS. A keynote estivo principalmente centrada no hardware, aínda que con Google Assistant como elemento software vertebrador de todo o que aló puidemos ver.

A continuación resumimos o que deu de si a presentación:

Pixel e Pixel XL

google-pixel-2

Os novos Google Pixel e Pixel XL eran sen dúbida o máis agardado do evento. Son os teléfonos que veñen a sustituír á saga Nexus e comparten prestacións, malia estar dispoñíbeis en dous tamaños: 5 e 5,5 polgadas. Podedes ler máis sobre eles neste artigo.

DayDream View

daydream-view-7

Outra das novidades da tarde de onte foi DayDream View, o primeiro dispositivo de realidade virtual de Google, co que poderemos disfrutar de xogos, vídeos e mesmo mapas dunha maneira totalmente inmersiva. Veñen cun mando que sirve para interactuar con eles e estarán dispoñíbeis proximamente por 79 euros, un prezo bastante contido. Tedes máis información neste artigo.

Google WiFi

google-wifi

Tras o lanzamento de OnHub o ano pasado, Google volve apostar pola conectividade no fogar cun novo router, Google WiFi. Pódese controlar mediante unha aplicación e el soíño decide onde é mellor conectarse. Ademais pode convivir con outros Google WiFi e tecer entre todos unha rede máis extensa dentro da nosa casa. Estará dispoñíbel por 129 dólares de maneira individual e por 299 dólares nun pack de tres. Para saber máis, revisade este artigo.

Google Home

google-home

Seguindo no fogar temos que falar de Google Home. Trátase do asistente de Google para o noso fogar, un gadget que permanece en escoita activa agardando que lle deamos ordes para poñerse a funcionar e levar a cabo algunha acción, como controlar a iluminación, poñernos música ou falarnos do tempo, levando Google Assistant á máxima expresión. Custará 129 dólares e podedes coñecelo máis a fondo neste artigo.

Chromecast Ultra

chromecast-ultra-1

Por último, e non por iso menos importante, temos o Chromecast Ultra. Quizais é o dispositivo no que menos se nota a evolución, cando menos externamente, aínda que os cambios están nas súas características: agora é compatíbel co 4K e dispón dun porto Ethernet para ter mellor conectividade se a nosa WiFi é feble. Custará 79 euros. Para saber máis, visita este artigo.

Google Assistant, o asistente de Google multiplataforma.

google assitant - 2

E que une todo o presentado onte? Google Assistant. Trátase da intelixencia artificial de Google que xa podemos probar na recentemente presentada aplicación de mensaxería Allo e que integran os novos Pixel e Google Home, pero que indirectamente tamén permite xestionar o resto de hardware presentado. Podedes saber algo máis sobre Assistant neste artigo.

Que vos parece todo o presentado por Google?

Sobre o autor

No Responses

Reply