Google pecha Panoramio o próximo 4 de novembro

panoramio

Google vén de anunciar o peche definitivo de Panoramio, o servizo no que as usuarias podíamos xeolocalizar imaxes para compartir co resto do mundo, incrementando así a base de datos que logo usan Google Maps e Google Earth.

Para o buscador, a existencia do programa Local Guides, no que as usuarias valoran lugares coas súas reviews e fotografías a cambio de recompensas, é máis ca suficiente, co que a convivencia con Panoramio xa non resulta tan necesaria.

Como gardar ou borrar as nosas imaxes subidas a Panoramio

Se temos fotografías subidas á nosa conta de Panoramio e queremos conservalas, dispomos de varias opcións. A continuación comentamos algunhas delas:

  • A máis sinxela é asociar a nosa conta de Panormaio co noso perfil de Google+. Isto copia automaticamente as fotos ao noso arquivo de Google Album, e poderemos continuar compartindo o noso traballo en Maps. Ademais, como curiosidade, estas imaxes non consumen espazo na nosa conta.
  • Se preferimos gardar as fotos nun zip e temos unha conta de Google, podemos ir a takeout.google.com e seguir as instruccións desa páxina.
  • Se preferimos gardar as fotos nun zip pero non temos unha conta de Google, debemos iniciar sesión en www.panoramio.com, visitar a páxina de configuración e clicar en “get photos”.
  • Para borrar as fotos debemos empregar esta ligazón.

A partir do 4 de novembro seguiremos tendo acceso á conta, pero xa non poderemos subir novas imaxes, comentarios ou “gústame”, aínda que si exportalas até novembro de 2017.

 

Sobre o autor

Reply