Jazztel mellora a súa oferta de segundas liñas con opcións para quen precisa máis GB

jazztel

Nos últimos anos os operadores foron propiciando a chamada converxencia de servizos, unificando nunha única factura todas as comunicacións das usuarias, ao tempo que garantiron para si unha maior fidelización e, de paso, un nível de ingresos maior.

Jazztel, hoxe en día en mans de Orange malia conservar a súa marca, vén de renovar as súas tarifas para segundas liñas móbiles con opcións que poderán contratarse a partir do próximo 17 de outubro. En total as usuarias poderán escoller entre as seguintes catro opcións:

  • 11,95 €: 200 minutos en chamadas e 2 GB de datos.
  • 18,95 €: 100 minutos en chamadas e 5 GB de datos
  • 21,95 €: chamadas ilimitadas e 3 GB de datos
  • 26,95 €: chamadas ilimitadas e 7 GB de datos

Con estas alternativas sobre a mesa Jazztel pensa en diferentes usos, tanto naquelas usuarias que prefiren falar moito e non precisan moitos datos ou viceversa.

Sobre o autor

Reply