Analizamos o Oukitel C3 (e sorteamos un!!!)

oukitel c3 03

Hoxe imos falarvos dun dispositivo chinés moi interesante que estivemos probando nos últimos días. Trátase do Oukitel C3, que custa algo menos de 40 € (líchedes ben, 40 €). Quedes saber máis? Non vos perdades esta análise… e o sorteo que facemos, ao final do artigo tes toda a información.

Especificacións técnicas do Oukitel C3

  • Pantalla de 5 polgadas IPS HD.
  • Procesador Mediatek MTK6580 de catro núcleos a 1,3 Ghz.
  • GPU Mali 400.
  • 1 GB de RAM,
  • 8 GB de ROM, ampliábeis por microSD de até 32 GB.
  • Cámara principal de 5 MPx con Flash LED.
  • DualSIM, GPS, Bluethooth 4.0, actualizacións OTA e 3G
  • Android 6.0 Marshmallow.

oukitel c3 01

Este C3 non o podemos analizar coma o resto de terminais, máis o seu reducido custo amósanos que de primeiras pode sair perdendo con calquera terminal do mercado. Por iso temos que relativizar a nosa análise.

Cando o acendimos por primeira vez non tiñamos prexuizo algún, pero si pensabamos que o máis posíbel era atopar todos os males xuntos neste terminal, mais o certo é que non foi tan así.

De primeiras, notamos que a sensibilidade da pantalla non é boa. As sensacións que temos ao ir preméndoa e de estar diante dunha pantalla “dura” e a nosa forma de proceder foi coma se usamos unha pantalla resistiva. Unha vez afeitos, o funcionamento pasa a ser correcto.

Como a pantalla ofrece certas dúbidas decidimos probala a fondo cun xogo moi exixente para a pantalla, como é o Ninja Fruit e o resultado foi totalmente satisfactorio. Xogamos unha boa cantidade de partidas e a pantalla comportouse normalmente, como é de agardar en calqueira terminal de máis custo, polo tanto a conclusión é que só hai que afacerse a ela e darlle unha oportunidade.

oukitel c3 02

O hardware que monta pode facer pensar que o terminal vai funcionar moi mal, ademáis tendo que facer correr o que até poucos días era o sistema operativo Android máis recente. Non foi así. O terminal é lento, pero non ten lag. Funciona ben, pero cando prememos nunha app esta comeza a cargar, pero neste momento é onde vemos a que lle falta potencia para facer esta tarefa con axilidade. Tamén notamos que non é un terminal potente cando actualizamos as apps instaladas.

Quen dixo presa?  Este non é o teu terminal se queres unha resposta inmediata, pero claro o C3 é low cost. Hai que facer concesións.

No apartado fotográfico é onde máis se nota ou seu prezo. A cámara dianteira é testimonial, pois conta con 0,3 MPX de resolución e a súa calidade é máis propia de terminais de fai 6 ou 7 anos. En canto á cámara principal podemos dicir que o modo HDR é básico para acadar un resultado aceptábel, aínda que non acontece en todas as situacións. Algúns exemplos do que vos estamos a contar podédelos ver na nosa biblioteca de Flickr. A cámara tamén permite facer panorámicas.

Conclusións

En conxunto as sensacións que nos deixa o Oukitel C3 son boas. É dicir, non é un terminal para o noso día a día, pero encaixa á perfección para unha persoa maior que se inicia nas novas tecnoloxías, un neno que como primeiro móbil tería dabondo, ou calquera pai / nai que só quere comunicarse coas súas fillas que marcharon estudar fora e non ten máis interese ca ese, nin quere gastar moitos cartos.

Tede en conta que os botóns tátiles colocados debaixo da pantalla non se iluminan o que nos fai ir ás apalpadas cando hai pouca luz.

O terminal móvese correctamente, a cámara serve para recoller un intre concreto e conservalo, sen máis pretensións e conta un sistema operativo recente e actualizábel; que máis podemos pedir por uns 40€?

Sorteo: Faite cun Oukitel C3 con Mallando no Android e RedInput!

A análise deste trebello foi posíbel grazas á xente de RedInput, que cedeu este dispositivo como mostra de agradecemento ás usuarias e usuarios das aplicacións da compañía. Queres saber que tes que facer para gañalo?

  1. Deixar un comentario nalgunha das aplicacións de RedInput na Play Store. Podedes velas en redinput.com. *As persoas que xa participaran no anterior concurso poden saltar este paso.
  2. Seguir a nosa conta de Twitter: @mallandroid
  3. Poñer o seguinte tweet (copiar – pegar): Participo no sorteo de @mallandroid para gañar un Oukitel C3! Mira como aquí: http://ir.gl/oukitelc3
  4. Cubrir este formulario cos teus datos

Pódese participar até o venres 14 de outubro ás 23.59 horas. O sábado 15 de outubro publicaremos unha listaxe co número de participación asociado a cada usuario e o sorteo farase en relación co sorteo da ONCE dese día. Non se aceptan participacións desde contas usadas unicamente para concursos.

One Response

  1. cobolero 23 Outubro, 2016 Responder

Deixa un Comentario