Cambia de móbil cada 12 meses con “Siempre Nuevo” de Movistar

movistar

A quen non lle gusta estrear móbil? Igual no mundo exterior isto dá un pouco o mesmo, pero para as que somos frikiñas é toda unha delicia abrir a caixa dun novo trebello, sacar os plastiquiños que o bordean e protexen… ai! Pois esta é a idea que plantexa Movistar coa súa proposta Siempre Nuevo.

Polo propio nome desta proposta xa podedes ir intuíndo de que vai o conto: trátase de poder estrear teléfono cada 12, 18 ou 24 meses, tendo sempre a posibilidade de completar a adquisición dalgún deles a unhas condicións algo mellores se nos interesa continuar con el e rachar coa cadea de renovacións.

Este modelo de leasing, habitual desde hai anos no mercado dos automóbiles, está pensado para os terminais de gama alta do catálogo de Movistar, entre os que estarían os Samsung Galaxy S7 e Galaxy S7 Edge, con Android, ou o iPhone 7 e iPhone 7 Plus, con iOS.

Quen pode beneficiarse e canto custa?

Para beneficiarse da oferta “Siempre Nuevo” é preciso, como é obvio, ser cliente de contrato con Movistar e adquirir un dos citados teléfonos, ben sexa a través dunha alta nova, dunha portabilidade ou dunha renovación, así como pagar unha única cota de alta por valor de 25 €, o que garante un valor de recompra fixo e asegurado no tempo, pase o que pase no mercado.

Unha vez que pasan eses 12, 18 ou 24 meses, poderemos optar por devolver o trebello (sempre e cando este funcione correctamente), ou pagar o seu valor restante en catro cotas mensuais.

“Siempre Nuevo” cun Samsung Galaxy S7

Tomando como exemplo a adquisición dun Samsung Galaxy S7, cuxo prezo oficial no catálogo da operadora é de 699 € (aínda que en tendas como Amazon podemos conseguilo por 525 €), poderíamos disfrutalo pagando unha conta mensual de 38,75 € durante 12 meses (465 € ao cabo do ano), e pasar a renovalo ou mercalo definitivamente en catro cotas.

Sen lugar a dúbidas pode ser unha boa alternativa para todas aquelas persoas que queiran estar sempre á ultima, aínda que isto sexa a costa de pagar unha cota constantemente polo teléfono, mais mentres oscilen nesta banda de prezos pensamos que será de pouco interese para a maioría.

Sobre o autor

Reply