Samsung detén a fabricación do Note7

Xa temos claro que o cambio do nome dun dos flag ship de Samsung foi mala idea. Lembremos que saltaron o Note 6, para levar á par tanto a familia S coma a Note, e así no 2016 chegaron o S7 e o Note 7. Pois ben, desde esta novidade os problemas non pararon.

Despois dunha primeira retirada de terminais por problemas no sistema de carga que facían que os terminais se queimasen (e a lóxica compensación ás usuarias) o problema vólvese repetir como podemos ver nun video que se volveu viral este fin de semana.

Samsung asegurara que os problemas estaban solucionados e fai non máis de 10 días o Note volveron ao mercado, pero poudo durou á ledicia. Desde entón outros 3 Galaxy Note 7 volveron ter o mesmo problema e tendo en conta o que eran unidades que, segundo Samsung, estaban amañadas o problema é serio.

Desde ben cedo, todo apuntaba a que Samsung parara a producción pero logo da alarma inicial, Samsung comunicou oficialmente que non para a producción só fixera un “axuste”. Literalmente comunicaron:

“O plan de producción dos Samsung Galaxy Note 7 muda de xeito temporal para tomar máis medidas para garantir a calidade e a seguridade”

O que si sabemos con seguridade é que nos Estados Unidos, T-Mobile e AT&T, xa non venden este terminal e as coreanas SK Telekom, KT e LG U+, están barallando a mesma opción.

Sobre o autor

Reply