Lycamobile presenta a tarifa “Todo Incluido 20”, con chamadas internacionais

A operadora móbil virtual (OMV) Lycamobile, especializada nas comunicacións co estranxeiro a prezos razonábeis desde o noso país, vén de presentar unha nova tarifa, chamada Todo Incluído 20.

Certamente, a “Todo Incluído 20” non é nova, pero agora vén de actualizarse cunha novidade importante, xa que triplica o número de gigas que podemos consumir, pasando de 1 a 3 GB. Deste modo, e por só 20 € ao mes en prepago, a tarifa inclúe o seguinte:

  • 500 minutos para facer chamadas a 27 países
  • 2000 minutos adicionais para chamar a outros Lycamobile
  • 4000 SMS nacionais
  • 3 GB de datos (velocidade máxima 3G)

lycamobil todo incluido 20

Con este movemento, Lycamobile entra nese grupo de operadoras que están a dar “máis por menos”, aumentando a competencia. Se estades interesadas nesta tarifa, ou en coñecer outras da empresa, premendo nesta ligazón podedes facer unha consulta máis polo miúdo.

Sobre o autor

Reply