Novo Sharp Corner R, con marcos reducidos á mínima expresión

sharp-corner-r-1

Malia que todas coñecemos a marca Sharp, sobre todo polos seus televisores e algúns móbiles “dos antigos”, na actualidade non é doado facerse cun terminal deste fabricante fóra do Xapón. Porén, non por iso deixa de ser importante falar do que son capaces de facer nesta compañía que o pasado mes de febreiro foi adquirida por Foxconn.

Durante estes últimos días saltou a escena o Sharp Corner R, un dispositivo amosado nunha feira tecnolóxica xaponesa de Xapón, a CEATECH 2016, que se enmarca dentro deses dispositivos bisel less, é dicir, sen apenas marcos, o que significa un aumento considerábel da proporción pantalla – frontal.

sharp-corner-r-2

Como se pode apreciar nas fotografías, a pantalla deste modelo ten un ratio pantalla / corpo do 90%, cuns marcos practicamente inapreciábeis. Trátase dun panel IGZO de 5,2 polgadas e unha resolución 1920 x 1080, 425 píxeles por polgada.

sharp-corner-r-3

Máis aló da súa pantalla, desde Sharp preferiron non desvelar as súas especificacións nin falar de hipotéticas datas para a súa comercialización, seguramente porque estamos a falar dun prototipo embrionario de algo que veremos nos próximos meses.

Gustaríavos que os vosos dispositivos reducisen os seus marcos nunha proporción semellante?

Deixa un Comentario