Bizum, envía e recibe cartos dos teus contactos desde a app do teu banco

bizum

Os sistemas de pagos móbiles cóntanse por ducias, e cada vez son máis as usuarias que se animan aos empregar. Porén, temos que distinguir os pagos que facemos nos comercios con sistemas como Samsung Pay, Vodafone Wallet ou a alternativa do noso banco, e as transferencias de cartos entre usuarias. Disto vai Bizum, un servizo que a meirande parte dos bancos xa integraron nas súas aplicacións.

Bizum integra a 27 bancos españoles, aínda que o capital do ente repártese de maneira desigual, de forma que Caixabank ten o 22,9%, o BBVA o 15,9%, o Banco Santander o 13,6%, o Banco Sabadell o 10,3%, Bankia o 8,9%, o Banco Poplar o 4,6%, Kutxa o 3,1%, as cooperativas o 3,1%, Unicaja o 2,7% e o resto das 19 entidades repártense o 22,9% restante. Todos eles son compatíbes, ou serano ao longo deste mesmo mes, con Bizum.

bizum-2

Como funciona Bizum?

Por raro que pareza, Bizum non é unha nova aplicación que teremos que descargar e instalar no noso Android, senón que está incluído na aplicación do noso banco, polo que nos chegará a través dunha actualización. Desde o momento en que esté operativo poderemos usar o servizo para enviar e recibir cartos de outras usuarias particulares.

Como se pode ver no vídeo, non precisamos máis datos que o número de teléfono do contacto ao que queremos pasarlle os cartos, completando a operación en poucos e sinxelos pasos:

  • Escribimos o número de teléfono da persoa á que queremos enviar os cartos ou seleccionamos o contacto na axenda.
  • Introducimos a cantidade a enviar.
  • Confirmamos a operación.

No mesmo instante a outra persoa recibirá os cartos, sen ter que agardar os tempos das transferencias bancarias, que cando se fan entre entidades diferentes poden tardar até varios días, o que sen lugar a dúbidas é a maior vantaxe deste servizo.

Ademais, nun futuro aínda indeterminado, Bizum aspira a ser a plataforma de pago que empreguemos para pagar as nosas compras en liña e tamén nas que fagamos fisicamente en comercios, pero para iso temos que agardar un tempo-

Canto vai custar?

Non hai unha resposta clara a esta pregunta, porque cada banco aplica a súa propia política. Polo de agora, a meirande parte dos bancos non cobran nada, aínda que se lemos as condicións de uso vemos que algúns deixan a porta aberta a facelo nun futuro. Só Bankinter afirma cobrar a partir das 10 operacións mensuais unha cota de entre 1 e 1,50 € por envío.

Máis información: Bizum.

Deixa un Comentario