Shazam apúntase ás aplicacións de “baixo peso” con Shazam Lite

shazam

Cada vez podemos facer máis cousas coas aplicacións que temos instaladas nos nosos smartphones, o que tamén se traduciu en aplicacións máis pesadas. Isto pode que non o notemos demasiado se temos un dispositivo medianamente potente, pero cando traballamos con modelos máis modestos pode ser un verdadeiro suplicio.

Tras Facebook, que recentemetne lanzou a súa versión de Messenger de baixo peso, esta moda chega agora a Shazam con Shazam Lite, cuxo tamaño é inferior a 1 MB. Esta versión ten, en esencia, unhas funcións semellantes ás de Shazam, con capacidade de recoñecer a música que está soando e reduncindo o consumo de datos ao recoñecer as cancións.

Shazam Lite tamén dispón dunha opción de recoñecemento sen conexión a Internet, que o que fai é gardar no dispositivo a escoita que fagamos e amosar o resultado da identificación unha vez que volvamos ter acceso á rede, e está orientada a paísesnos que a hai mala conexión a Internet ou pouca velocidade. Estes países son India, Vietnam, Indonesia, Filipinas, Nixeria e Venezuela.

Se tentamos descargar a aplicación desde o noso país veremos que temos aplicado o bloqueo rexional, pero o ficheiro APK xa está dispoñíbel nos repositorios habituais para Android 2.3 ou superior. Porén, semella que Shazam non está permitindo o acceso á app se recoñece que non accedemos desde algún dos países mencionados, mais algunhas fontes falan de que esta restrición podería ser temporal.

Deixa un Comentario