YoTeCuido Alzhéimer, unha app galega que nos axuda co día a día da doenza

2016-10-11-10-09-38

Hoxe queremos amosarvos unha app dirixida tanto a coidadores coma a enfermas de Alzhéimer, que se chama YoTeCuido Alzhéimer. Con esta app aprenderemos un pouco máis da doenza. Iso si, esta aplicación non vale para facer un diagnóstico, iso ten que facelo un profesional da sanidade.

Cando entramos na app, podemos poñernos na pel tando da persoa enferma coma dos coidadores, e en función deste rol os consellos da app cambian lixeiramente. Entrando como coidadores, vemos de primeiras, información xeral sobre a enfermidade e as tres fases polas que pasan as enfermas, detallando as características de cada unha delas, tal e como vemos nas imaxes:

2016-10-11-10-10-05

2016-10-11-10-10-19

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademáis desta primeira aproximación coa enfermidade, temos un apartado cheo de puntos que nos poden axudar a aprender o que é mellor para a paciente. Se temos dúbidas sobre a alimentación, se é bo o exercicio ou non, … en resumo, unha morea de situacións novas que se poden dar cando alguén ten esta doenza.

2016-10-11-10-10-27

A aplicación non só nos achega moita teoría de interese, se non que ademáis conta cunha completa táboa de exercicios que deben seguir as pacientes para manter certas rutinas que ralenticen até o posíbel o avance da enfermidade.

2016-10-11-10-10-40

En resumo podemos dicir que, YoTeCuido Alzhéimer é unha boa aplicación desenvolta por unha equipa galega que axuda ás familias cunha enferma de Alzhéimer a coñecer mellor a doenza así como o xeito de tratar á paciente. Se estade interasadas nesta aplicación, podedes descargala de balde na Play Store.

Deixa un Comentario