Mininovas Android: Amazon Music Unlimited e a gran campaña de Google cos Pixel

Amazon Music Unlimited chega para competir con Spotify

amazon-music

Estes días Amazon presentou a súa plataforma de streaming de música chamada Music Unlimited, que chega para competir coas grandes do sector, pois desde o lanzamento conta con máis de 30 millóns de cancións ao alcance das usuarias.

Os prezos? Moi atractivos, dado que van desde os 3,99$ (se temos Amazon Echo) a 7,99$ (se somos usuarias premium). Para as que non teñan ningún producto de Amazon contratado, o prezo chega aos 9,99$. Tamén hai tarifas planas, e por 79$/ano podemos suscribirnos ao servizo, e as familias que aposten por Amazon para escoitar música poderán facelo desde 15$/mes.

O Honor 6X chega o 18 de outubro

honor-6x-evento

Honor confirmou que o día 18 terá un evento no que presentará o Honor 6X, un gama media que montará o SnapDragon 652, pantalla de 5,5″ e 3GB de RAM. Do resto de características non temos máis información, pero en poucos día saíremos de dúbidas.

Yoigo tamén terá cobertura Orange desde Xaneiro

yoigo

Se a empresa que merca (MásMóvil) usa a cobertura Orange, que fará a curto prazo a empresa comprada (Yoigo)? Usar tamén a cobertura de Orange.

Pois ben isto é o que se anunciou MásMóvil esta semana de xeito oficial, e así desde o mes de xaneiro as clientas de Yoigo pasarán a conectarse á rede de Orange. Veremos se este cambio achega tamén variacións nas tarifas ou se pola contra as usuarias non se van ver afectadas neste senso.

Pixel terá a maior campaña de publicidade da historia

Todo apunta que desde Google van facer unha gran aposta pola nova familia de terminais, Pixel X e XL xa que desde a empresa din que están a lanzar a campaña de publicidade máis importante da súa historia: carteis por todas partes, unha web nova, publicidade na mesma Estatua da Liberdade, vídeos,… Todo isto supón un importantísimo desembolso económico que veremos nos vindeiros meses se da ou non os froitos agardados.

O mercado de PC segue din repuntar

Surface 3 - 4

Non é nada novo que o mercado dos PC non pasa polos mellores momento, pero o caso é que a esta situación que ven de lonxe, sumámoslle a que xa van oito meses consecutivos nos que as cifras de venta baixan.

Dúas son as posíbeis causas. A primeira delas a maior vida útil das equipas e a segunda a chegada ao mercado dos dispositivos móbiles (smartphones e tablets) tan potentes coma un ordenador de gama media que cobren as necesidades de moitas usuarias.

Deixa un Comentario