Asus ZenPad 3S 10, a nova tablet de Asus

asus-zenpad-3s-10-1

Asus vén de anunciar o lanzamento dun novo modelo de tablet, a Asus ZenPad 3S 10. Trátase dun trebello de deseño sinxelo e fabricado integramente en aluminio, que conta ademais cun grosor de 5,8 mm na súa parte máis ancha e unha relación pantalla – carcasa do 78%.

A Asus ZenPad 3S 10 integra unha pantalla de 9,7 polgadas con resolución 2048 x 1536 píxeles e tecnoloxía Tru2Life, orientada a ofrecer unha experiencia de visualización que destaca especialmente no consumo de vídeos multimedia en alta definición, tanto pola nitidez como polo contraste. Tamén hai unha aposta polo brillo para poder empregar o dispositivo sen problemas en exteriores.

No seu interior temos un procesador MediaTek de seis núcleos (2 a 2,1 GHz e 4 a 1,7 GHz), o MediaTek 8176, xunto 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna, aínda que tamén dispón de espazo para tarxetas microSD de até 128 GB. A cámara principal é de 8 megapíxeles e a frontal de 5 Mpx, cun campo de visión de 85º que grante selfies panorámicos de 140 graos.

asus-zenpad-3s-10-2

En canto á autonomía, a súa batería de 5900 mAh acada as 10 horas de reprodución de vídeo ou 12 horas de navegación en WiFi, e dispón da tecnoloxía Quick Charge 3.0 que acelera a carga do trebello, de maneira que está ao 100% en menos de tres horas.

Outro aspecto a destacar do trebello é o seu sistema de audio. Ademais de integrar unha saída de audio en alta resolución de 24 bits, o fabricante apostou por uns altofalantes con cinco imáns equipados con amplificadores intelixentes NXP e compatibilidade con DTS Headphone:X. Isto tradúcese nun son claro e inmersivo, compatíbel con son envolvente de 7.1 canles virtuais.

O sistema operativo é Android 6.0, aderezado coa interface Asus ZenUI 3.0 e diversas funcionalidades software, como Asus ZenMotion, que permite abrir as aplicacións desde o estado de espera pulsando o escribindo teclas na pantalla en branco. Tamén é compatíbel co Asus Z Stylus, un lapis intelixente que se vende por separado por uns 30 euros e que facilita as labores de introdución de texto ou debuxo.

asus-z-stylus

A Asus ZenPad 3S 10 é a primeira tablet de Asus que leva lector de pegadas dixitais e USB Tipo C, e xa se pode mercar nos establecementos habituais por 379 euros.

Sobre o autor

Reply