Vodafone deixará de incluír Netflix de maneira gratuíta

netflix-vodafone

Entre as múltiples ofertas e promocións das operadoras para fidelizar á clientela, a aposta de Vodafone vai en dúas direccións. Por unha banda, centrándose no móbil, na eliminación do roaming en Europa e nos Estados Unidos, mentres que para o móbil e os servizos converxentes na aposta por ofrecer suscricións temporais gratuítas a servizos de contidos. Entre elas, unha das máis destacadas é a de Netflix.

Deste xeito, as usuarias de Vodafone con tarifas Red L, Red Xl, One M e One L poden disfrutar de até 6 meses de suscrición gratuíta a Netflix, con acceso a todos os contidos de dita plataforma. Porén, esta promoción ten os días contados, porque as novas usuarias de Vodafone que contranten algunha destas tarifas a partir do 24 de outubro xa non a terán dispoñíbel.

Non ocorre o mesmo coas clientas actuais da compañía que non teñan disfrutado aínda esta promoción. E é que toda esta xente si que pode activar a promo até o 23 de xaneiro de 2017 e disfrutar dos meses incluídos na mesma.

O que non cambia, nin para as novas clientas nin para as actuais cando remate a promoción, é que as usuarias de Vodafone poderán seguir disfrutando do servizo de Netflix totalmente integrado en Vodafone TV a través de TiVo, aínda que tendo que pagar a cantidade habitual.

Sobre o autor

No Responses

Reply